Montaxe LAB ___Cronica_00
xoves, 17 de abril do 2008, por Antia.

Hoxe comezamos as crónicas da montaxe do lab.
No día previo o obradoiro atopámonos con toda esta choiva e parte do terreo de Valadares embarrado, pero temos tantas ganas de ter a nosa sede física que imos continuar cos nosos plans e deixar o musgo de lado. Onte xa chegou David de Straddle3 dende Barcelona traendo na súa furgoneta unha lona para cubrir a estrutura exterior dos containers. Hoxe comezamos a traer parte desas estrutura, que estaban almacenadas na nave de O Porriño coa intención de comezar a montaxe. A verdade de tódolos contratempos imos tentar dalo todo coma sempre.
Aquí vos deixamos uns documentos gráficos e videos de onte e hoxe.
Ata mañá.
Video levando estruturas
Video falando cos traballadores

Montaxe LAB ___Cronica_00
Enviar comentario
Comentarios
17 de abril do 2008 18:54, por berio

Adiante toda!

Sígovos impaciente. Forza ahí!

18 de abril do 2008 16:35, por is

Berito.
peor día do ano 2008, ventos 100 km hora a noite pasada, pola mañá chovendo a 200 km, embarrrado todo, ahí estábamos, modelando, cos melllores palistas, obreiros do mundo. A motivación. Hoxe estivemos ahi!. gracias!

.