Montaxe LAB___Crónica_01
sábado, 19 de abril do 2008, por Antia.

Non para de chover, isto onte dificultou as cousas pero aínda así seguimos incluso con máis forza.
Cedo, pola maña, dividímonos para atender ós alumnos do obradoiro, cargar estruturas en Porriño e guiar o camión ata "Alto Piñeiro"(nome do lugar) en Valadares.
O mal tempo fixo estragos entre as baixas de alumnos e a entrada do camión polo barrizal que se formou.Grazas a un camión de tracción ás catro rodas, axuda dos obreiros e a forza da pala superamos os problemas co chan e rematamos a xornada deixando montados un módulo enteiro máis un container do segundo e a metade do armazón para a lona.

Cos contenedores aínda non fixemos moito da montaxe, sobre todo nos paramos coa estrutura que unirá os módulos que foi como un rompe-cabezas colectivo que nos levou todo o día.As bolas estaban numeradas, os palitroques non, que si faltan pezas, que si non ...menos mal que hai iso da "intelixencia colectiva".

Un feito curioso foi necesitar un xenerador de corrente e Gonzalo tiña un no maleteiro.
Ó rematar a xornada decidimos ir a cear a Cova dos ratos, e fumos caendo ás nosas camas por contagotas derrotados despois da primeira xornada.
Deixaremos uns minivideos documentais proximamente para que vos fagades á idea deste obradoiro.
Aperta grande para os alg-as que non podedes estar!

Pd: Segue a chover...

Comentarios
19 de abril do 2008 06:15, por chanelita

ánimos ahí que a choiva o vento e as inclemencias do tempo non deteñan esas algas, que ben saben moverse entre a auga
Forza alguitas

19 de abril do 2008 07:10, por berio

Como chove!

Podemos facer tamén peleas de barro, ou arranxar o cutis!.

ánimo!!

20 de abril do 2008 01:52, por Tasha

Ai que seca estaba a terra naquel momento! Parece mentira...

.