Esta é a derradeira crónica do que ó obradoiro se refire, xa que agora comeza un camiño novo no que activar o LAB. Os containers están postos, a estrutura montada, pero aínda falta ensamblalo todo, mellorar o terreo, e dotarlle do necesario para comezar a traballar no contido.
Xa temos algunhas doacións, como a temporal de Gonzalo co xenerador de corrente, algúns ordenadores de Mig e Chiu, algún mobiliario que teño eu de sobra, moquetas que collimos do proxecto edición... calquera aportación será benvida!
Onte pola tarde veu Helen cunha trompa (instrumento musical) e fixo un dueto con Nacho mirando o monte Galiñeiro (black piramid, según algúns mapas ingleses) do que temos constancia nalgún vídeo. Foi un momento bastante especial.
Por fin rematamos a xornada a iso das 18:00, recollimos todo e claro...saíu o sol como xa todos sabiamos que ía pasar.
A despedida foi entrañable, David deixounos para facerse o camiño de volta de 12 horas ó voante da súa furgo, e nos baixamos acabando algúns nun concerto programado por Sinsal no museo do Mar de "Vale tudo+Barbez " onde curiosamente atopámonos con Carlos, o dono do terreo.
O plan dos próximos días é deixar a estrutura colocada no seu sitio, para o cal necesitaremos grúa ou pala.
Rematamos estas crónicas diarias informativas e faremos unhas semanais, xa que se aveciña unha temporada activa, polo que non vos preocupedes que seguiremos informando do mellor xeito que se nos ocorra.
Apertas!
Video traballando codo a codo con Santiago.
Video colocando o derradeiro contenedor.
Nacho tocando e vista dos módulos.
9 segundos de concerto de Nacho e Helen.
Hola, se que sois un colectivo de artistas de muy diversos campox así que creo que es posible que a algunos de cosotros os interese esta página web www.cyber-comic.com ya que están haciendo un concurso al que si envías tu idea y sale ganadora te la publican. Un saludo!!
Hola!
Acabo de leer las crónicas.
¡Qué majas!
Lástima de ese cocido fiestero del domingo.
Jejejeje.
Bueno, que lo pasé genial con vosotros y que ese laboratorio va a partir mucho.
¡Seguid en ello!
Animo y muchos abrazos.