Montaxe LAB___Crónica_05
luns, 9 de xuño do 2008, por Antia.

Cada domingo estamos a traballar no LAB,sachamos, regamos, tecleamos,entrevístannos, reunímonos, xuntamos materiais, en fin, un non parar pero a verdade é que temos moitísimo traballo por diante polo que decidimos organizarnos en dous equipos para atacar os traballos pendentes, por un lado: rematar de montar os módulos, facendo nun deles espazo diáfano destinado a hábitat multidisciplinar.
Por outra banda estamos a facer tódolos previos para a horta ecolóxica e sostible. Empezamos a deseñar unha boa compostera para poder reciclar e aboala. En canto a cousa este dirixida temos pensado facer un obradoiro e compartir o coñecemento que estamos a adquirir.

Enviar comentario .