Montaxe Lab Crónica #4
domingo, 27 de abril do 2008, por tasha.

Hoxe pola mañá fumos arriba a Valadares che@s de enerxía, a pesar da queimada de onte.

Alí había moito que facer - e aínda queda máis. A primeira vista do alg-a lab sen choiva foi emocionante, e puxémonos con ganas ó chollo físico.

Baixo a guía do novo alg-a, Gonzalo, dividíamonos en grupos de traballo. En poucas horas conseguimos nivelar bastante do terreo que foi tan remexido pola excavadora e a choiva do finde pasado. Tamén arranxamos as portas e unha fiestra para que o lab quede ben pechado cando non estemos.

Sobre o xantar falabamos da organización e desenrolo do lab, entre anécdotas de parques forestais e a natureza galega. Brindamos polos domingos alg-as no monte a largo prazo e destacou o entusiasmo que levamos tod@s ó proxecto.

Contamos coa axuda de Davinia, Diana e Maite, en adición d@s alg-as máis habituais. Tamén gozamos de visitas ó largo do día que levantaron ánimos. As outras técnicas varían entre cantar cantigas galegas e recitar textos dramáticos para abrir a respiración.

Outro puntazo foi a achegada dos veciños, dos cales viñeron varios a dar o seu apoio e incluso deixarnos ferramenta.

Queda moito que facer e estamos encantad@s co apoio de tod@s vos. Estamos desexando facer xa as primeiras actividades alg-as dentro do lab... Pero por agora imos a relaxarnos unhas horas que mañá veñen as maniotas nas pernas !!

Montaxe Lab Crónica #4
Enviar comentario
Comentarios
28 de abril do 2008 02:39, por Antía

Que ben! Así da gustiño ver o terreo, lisiño e soleado!
Eu subirei estes días!

28 de abril do 2008 04:41, por nela que

que agujetas tengo carallo.....que baratas andan as patacas...porque o esforzo é inpagable....por certo, como decia Gonzalo, debi hacer algo mal porque tengo la mano hinchada es decir, ahora vendada....uffff, espero que se recupere para la siguiente jornada de labralg-a....jejeje

30 de abril do 2008 10:40, por Christian

Si que da gusto verlo así.
¡Qué bien que todo vaya para adelante y los vecinos se hayan implicado en la ayuda!
Es una tranquilidad.
¡Va a quedar de coña todo eso, vaya laboratorio mas majo vais a tener!
A ver si me paso algún día.
Un abrazo para todos.

Christian.

14 de maio do 2008 16:33, por carlos

hola son carlos puga de fotoxoguete, guatariame votaros unha man, pero estou traballando todos os sabados e domingos reconstruindo a miña casa, e teño que acabala para o verán. cando este acabada, xa faremos unha xuntanza.

un abrazo e animo, carlos

14 de maio do 2008 16:34, por carlos

hola son carlos puga de fotoxoguete, guatariame votaros unha man, pero estou traballando todos os sabados e domingos reconstruindo a miña casa, e teño que acabala para o verán. cando este acabada, xa faremos unha xuntanza.

un abrazo e animo, carlos

.