NOVE 25-10-2007

María Lado

Como poeta ten publicado A primeira visión (Letras de Cal, 1997), casa atlántica casa cabaret (Xerais, 2002) e berlín (Concello de santiago- El correo gallego- Aelg), poemario que conta tamén cunha edición dixital en formato audiolibro, recitado pola autora e musicado por Fanny e Alexander (Regueifa Plataforma, 2007). Na actualidade agarda pola edición de nove, premio Avelina Valladares no 2007.
É autora, xunto coa artista Julia Montilla, da radionovela Novembro, desenvolta no marco do Proxecto Edición e emitida na Radio Galega en novembro do 2005.

Participou de varios libros colectivos e antoloxías como Nós e Rumbo ás illas- publicacións do Batallón Literario da Costa da Morte do que formou parte-, a antoloxía de poetas dos 90 Defecto 2000, (Letras de Cal, 2000), 25 anos de poesía galega (La Voz de Galicia, 2003), As sonorosas cordas (Eneida, madrid 2005), Por man propia (Bourel, 2005), Os Gozos e as sombras (Fundación Torrente Ballester, 2005), Poetízate (Xerais, 2006) e Poética da casa (2007), entre outras.

Textos seus apareceron en diversas publicacións periódicas (Dorna, Bravú, La Luna de Mérida, La Bella Varsovia, entre outras) e colabora con artigos e reseñas no suplemento ProTexta e a revista de música galega Sono-tone.

Xunto coa poeta Lucía Aldao presenta o espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto, lema baixo o que achegan ao público unha peculiar posta en escena do recital poético.

Miguel Seoane

Músico y artista multimedia (vigo 1975).
Como músico e compositor ten editado UNUNUNIO (alg-a netlabel 2006), realizado grabacións para discos,produccións e composicións para documentais e curtametraxes e ten traballado e colaborado con numerosos grupos e artistas. Actualmente xira con X.M.Budiño, O.M.E.G.A e Mr carácter.

Membro da comunidade de artistas alg-a e do colectivo ludd34560, a súa labor no arte contemporaneo centrase nas instalacións e esculturas interactivas (“colores icásticos”, “uncleomovil”,”interrogación”,”literatura portatil”,”monos electrónicos”...) creando obra e accións para museos coma o marco, auditorio de galicia, festival IFI, Sonar, TVG. Tamen ten colaborado en obra de outros artistas (“aproximacions” de Roi Fernandez ou “dentro” de Antón Lopo).

Como luthier electrónico e programador creou distintos instrumentos (airscratcher, monos electrónicos, paneltouch,barreiras laser...)e programas informaticos(OFF, Perrogato v.1.0, este ultimo presentado no festival SONAR2006).

Ten realizado numerosos obradoiros, workshops e cursos sobre interactividade para entidades coma a Universidade de Pontevedra, Universidade de Santiago de Compostela, colectivo alg-a, festival mívico...

Comentarios
26 de outubro do 2007 15:13

que cariña que tes migueliño
jeje

moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Quen é vostede?
Votre message
  • Ce formulaire accepte les raccourcis SPIP [->url] {{gras}} {italique} <quote> <code> et le code HTML <q> <del> <ins>. Pour créer des paragraphes, laissez simplement des lignes vides.