NY Talk Exchange
luns, 25 de febreiro do 2008, por Madamme Cell.
categorías: Internet

O MoMA de Nova Iorque inaugura o vindeiro día 24 unha exposición na que, mediante o uso de visualizacións e interaccións, tenta explicar a relación da metrópolis co resto do planeta mediante o análisis do tráfico de telefonía e Internet. NY Talk Exchange, unha obra do MIT e do desaparecido Yahoo! Design Innovation, analiza o plano internacional das vidas dos neoiorquinos mediante a representación das trazas que deixan as súas chamadas, navegacións ou as súas relacións interpersonais por Internet, mostrando patróns de inmigración, negocios, turismo ou parellas a longa distancia mediante visualizacións que mapean os destinos das chamadas feitas por barrio ou as cidades destino do tráfico de voz nun período de 24 horas.

Enviar comentario
Comentarios
25 de febreiro do 2008 04:10, por madamme

saúdos para berio, paola e d+ alga-s n NY

25 de febreiro do 2008 05:50, por is

ágora tamén vaise Horacio!

25 de febreiro do 2008 07:30, por berio

Saúdos para ti tamén Madamme, e xa sabedes que podedes vir cando vos pete, estades máis que invitados, que aquí nos sentimos moi solos, que duda cabe.

25 de febreiro do 2008 10:36, por paola

O mismo digo que Berio. Saudos para ti tamen e a ver se a xente se anima a cruzar o charco e dar unha visita pronto!!!*(^_^)*

Eu a morrina levoa con paciencia e humor... os dias que se deixa:D

Aproveito para enviarte este link, de outra das exposicion grandes que se acaba de inagurar no MOMA e que creo vai dar moito que hablar :

http://www.moma.org/exhibitions/2008/elasticmind/

25 de febreiro do 2008 16:43, por nela que

...no se si dejarme llevar por estas corrientes como un alg-a que soy y barar en aguas de NY....yo quiero tambiennnn.....lo estoy pensando....

Categorías
Madamme Cell