Sesións Vibracionais na sala NASA

O Martes 31 outubro ás 21,30h. inician na SALA NASA, en Santiago de Compostela, e en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, un ciclo de solos vibracionais de improvisación libre que contará coa participación de dez artistas sonoros, e que se prolongará ata o mes de decembro. Nesta primeira sesión actuarán Paco Dicenta (baixo eléctrico), Mónica de Nut (voz) e Nacho Muñoz (audio-performance).

5 € | Tripulación: 2,5 € -Por Internet: 5 €
IMPROVISACIÓN LIBRE

+ info

Enviar comentario
Comentarios
31 de outubro do 2006 07:15

que xa puxennnnnnnnn eu esta nova..................
SEICA ESTÁ MOI ben que A volvas poÑER...
¡¡¡¡ é hoxe!!!! . . . se alguen se anima carolina muñoz vai vir dende vigo en coche e logo volve a vigo porque ela curra . . . supoño que saerá dende vigo as 20:00h..........
.................................................ANIMADEVOS NEN@S..................

31 de outubro do 2006 08:34, por berio

xa me parecía a min que estaba publicada, pero busquei un pouco e non a atopei, e como cando buscas as chaves e as tes no peto do pantalón...

8 de novembro do 2006 04:04

FOI INCRIBLE . . . . . . . . . . . . os tres artistas deixaronos mergullados nun estado de ledicia
Paco Dicenta co seu baixo e a percusión que fixo con él, mentres o rodeaba un alo de fume....
Monica de Nut chegou coa sua maleta e fixonos viaxar con ela no tempo e no espacio...
E que dicir de Nacho Muñoz co seu proxecto "o humano descartado" baixo Madamme Cell, uns poemas cheos de vida, abandonados al azar.......unha performance das boas.
Os sons que nos deixaron...ainda soan nas mareas dos soños..........apertas

Categorías
Berio Molina