Presentamos a Nachok como nova referencia da galería con esta exposición titulada "O Perimetro da leira" que consta de 21 fotografías.
"Cando sequen os últimos repolos, as silvas enraizarán nos regos que deixaron as patacas.
Coma outros, todo se entrega á vista da memoria, a un feixe de olores que sempre quedan xunto ao esterco das vacas, ao coche do panadeiro e á madeira vella do faiado.
Fíxate que, mañá, cando anoiteza, virán as pegas todas a pousarse na uralita da cabana."