Eu?...máis ou menos debe ser así...
...Nacín en Lugo no 79...e chámome nela Quesada.
Empecei estudando educación infantil pero tivenme que ir a Soria onde estudei na escola de artes e oficios, empecei a expoñer en diversos espazos á vez que deseñaba escaparates... regresei a Pontevedra para acabar belas artes na especialidade de audiovisuais-escultura, intercalando a carreira coa miña vivencia en Compostela durante case 4 anos, cidade na que asistín a cursos con artistas como o fotógrafo portugués Daniel Blaufucks, J.Tudela ou "mutacións urbanas", entre outros...
Concedéronme diversos premios na categoria de pintura, como o 2º de novos creadores de castela e león_soria, ademáis de expoñer en conxunto como en "voilá le femme"_Marín, e exposicións en solitario sobre todo en Compostela, "café Miudo", teatro "Garigolo", etc...fun profe dende que empecei nisto...impartiendo clases privadas de debuxo e pintura en asociacións como "Rio Sarela", monitora de cerámica no concurso mediaval da Xunta "Urbis", e demais...
No 2004 iniciei o proxecto de deseño-sonoro sono-mama...en contínuo proceso...
Na actualidade...formo parte activamente da compañía galega de opera experimental A Última Rata, coa q estreamos Off (ópera forte fonética) na sala NASA de Compostela_05, dende aqueles días estiven en Bruxelas de Erasmus, aprendendo moito sobre cine experimental, videoarte e francés, así como realizando multitude de accións na rúa e proxectando noutros espazos...
coa Última Rata actuamos noutras ocasións cun gran exito como na Feira dás Artes Escénicas de Santiago de Compostela_06, feira na que estíven actuando tamén co colectivo LUDD...
Participei nas primeiras xornadas de novas linguaxes poéticas TRANSLITERA xunto a Sr. Pause coa impactante performance "Santia Fister", ademais de proxectar algúns videos...
Incorporeime ao colectivo LUDD no 2005, estreamos a performance "Census, o soño do enumerador" en Edinburgo (Schotland) dentro do marco do o seu Festival Internacional de Teatro, ademais de actuar na sala NASA e na MIT de Ribadavia. Con LUDD fomos tamén seleccionados no V Premio do Auditorio de Galicia para novos artistas 2005, Compostela, coa instalación "Interrogatorio"... paricipamos activamente na festa Puro Lérez de Pontevedra, eu facendo unha performance xunto a Sr. Pause...etc...
Fun protagonista dá revista dás letras no xornal Galicia Hoxe en Xuño_06 con "MERCADORIAS", ademaís de ser entrevistada na Voz de Galicia polo meu traballo na ópera OFF da Última Rata...
O 2006 pecheino coa creación de nelaque.org onde podedes leer o meu curriculum completo e ver-escoitar videos e outros traballos...
Son organismo da comunidade alg-a, e agora tamén da asociación-laboratorio alg-a.org...fixen unha performance “washing machine” na sala NASA na primeira presentación da comunidade alg-a. Organicei e participei nas xornadas "alg-a, á superficie" na facultade de Belas Artes de Pontevedra_05, expuxen no stand alg-a do Proxecto Edición, Pazo de Cultura de Pontevedra_06...
As disciplinas nas que síntome ben?...pintura, fotografía, instalación, intervencións land-art, escultura, cociña, costura ... e sobre todo e desde fai algúns anos xa...na videocreación e a performance, así como na experimentación total dentro do teatro, a acción, proxeccións, escenografias, e na mostra que por primeira vez expoño...diapositivas de cristal...*pequenos cadros de luz......
www.nelaque.org
www.ludd.alg-a.org