Netvibes. versión Coriander saíu á rúa
mércores, 28 de febreiro do 2007, por Berio Molina.
categorías: Software

Nunca vos falamos de Netvibes, e agora que saíu unha nova versión á rúa, a chamada Coriander, é un bo momento para facelo.

Netvibes é un programa francés na rede, que serve para crear unha páxina personalizada previo rexistro, e co correspondente login persoal e transferible. Nela podes por as utilidades que normalmente empregas mentres navegas por internet. Como un lector de correo de Gmail, lector de noticias RSS, favoritos, favoridos ligados á túa conta de delicious, un google map, un lector de podcast con reproductor incluído, unha axenda i-cal, buscadores varios, e un sinfín de utilidades para internet.

O positivo deste entorno e o grande servizo que presta é que, loxicamente, podes acceder a el dende calqueira ordenador, cousa que non podes facer si, por exemplo, utilizas un lector de noticias rss instalado no teu sistema operativo.

Vos deixo unha foto dunha conta nevibes.

Enviar comentario
Comentarios
28 de febreiro do 2007 10:52, por berio

Aínda que aporta uns servizos diferentes, acabo de descubrir unha páxina que creo que garda unha certa relación en canto á tecnoloxía e ideoloxía empregada.

Trátase de Páxinas.com, unha especie de buscador galego que trae integrado sindicacións a canles rss galegas.

28 de febreiro do 2007 12:54

Moi ben Paxinas.com

1 de marzo do 2007 04:15, por berio

Acabo de ver que Páxinas.com ten un buscador dentro do DOGA e dos Boletíns Oficiais das Provincias que funciona moi ben!. Ideal para buscar subvencións e demáis.

Categorías
Berio Molina