Neutralidade na rede. Savetheinternet!!!
venres, 8 de setembro do 2006, por isaac-cordal.

William J. Mitchell autor do libro E-topía compara as concentracións nas urbes antigas ao redor dos pozos de auga por causas de subsistencia e que viría ser unha especie de centro neurálxico por defecto da comunidade. Esta situación cambia a partir da creación de canalizacións para o consumo básico de auga, polo que se vai relegando a concentración comunal ao redor dos pozos ata acabar desprazándose paulatinamente o centro, xa que o auga transportarse por medio de conductos a cada casa e resulta innecesario desprazarse. Así os pobos estendéronse aos poucos ata converterse en cidades.

Digamos que das canles do auga, pasamos aos conductos eléctricos, aos telefónicos e agora a conductos digitais que transportan a información.

O que ocorre agora mesmo en Internet é que as empresas donas das tuberías queren poñer chaves de paso o que posibilitaría que habería clientes de primeira que poderían acceder a maior velocidade (dependendo de cotas), isto implica que moitas páxinas que non pagasen maior cota (ou que sexan subversivas por exemplo) accederase a elas moi lentamente. Tim Berners-Lee é o coagulante do desenvolvemento da rede mundial de redes (World Wide Web), (rexeitou totalmente todas as ofertas comerciais que poderían converter en monopolio o que hoxe denominamos Internet). A especulación e o desenvolvemento comercial xéranse dentro dela, pero non sobre ela. Se esta lei apróbase creo que Internet tal como coñecémolo será un recordo. Para máis información ler o artigo do ciberpaís.

Savetheinternet

.