Nicolás Franco Guzmán en DF_ ARTE CONTEMPORANEA. SCQ.
mércores, 25 de outubro do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

Nicolás Franco Guzmán
«PSYCHOBUILDINGS III»
Do 27 de outubro ao 9 de decembro do 2006
Inauguración: venres 27, 20:00 horas
DF_ ARTE CONTEMPORANEA

«Psychobuildings III» é unha video instalación que funciona como
xustaposición entre as categorías de realidade e ficción, no contexto do
documental e a súa estetización. Obxecto desta xustaposición é a
arquitectura, comprendida como «lugar do crime», en dous rexistros
diferentes: a súa representación cinematográfica no xénero do terror,
formalizado pola obra «Psychobuildings II» e a recopilación e manipulación
de material visual que documenta lugares de sucesos onde se produciron crimes reais, a través da video proxección «Psychobuildings III», obra que se nutre de material fotográfico facilitado pola Policía de Investigacións de Chile.

A obra realiza unha investigación achega da «carga psicolóxica» dos espazos arquitectónicos, en tanto estes son connotados por determinados signos. Isto vólvese particularmente evidente no cinema de horror e de suspenso, onde a escena se volve «horrorosa» precisamente en virtude dunha serie de signos que a connotan (como a música «thrilling» e a iluminación).

En «Psychobuildings II» (dvd 31 min. 23 seg. 2005), un dos experimentos
foi editar un collage videográfico a partir de imaxes arquitectónicas aparecidas en películas de terror; as escenas, ao ser descontextualizadas, preséntanse como análises arquitectónicos precisos e á vez sumamente expresivos. Máis violento aínda se torna este contraste ao observar fotografías de lugares onde aconteceron crimes reais, que presentará a obra «Psychobuildings III» (dvd 31 min. 23 seg. 2006).

A xustaposición de «Psychobuildings II e III» compréndese como lectura
comparada entre tres categorías: o modo «connotativo» do significante
cinematográfico, o modo meramente «denotativo» do material documental e a
«connotación» que este padece ao ser vinculado aos feitos aí acontecidos.
É xustamente aí onde reside o trazo mais perturbador do material facilitado
pola Policía de Investigacións de Chile, na súa aparencia absolutamente
banal e a forte tensión que se xera en relación á contradición entre «o que
se ve» e «o que se sabe».

Nicolás Franco Guzmán

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal