Nodebox
sábado, 19 de agosto do 2006, por Berio Molina.
categorías: Software

Nodebox é unha ferramenta para facer creacións visuais por medio de código de programación. Moi similar a Processing, só que no lugar de empregar java como lenguaxe, emprega Python, polo que si sabes manexar processing, non vas ter fallo para manexar esta nova ferramenta.

Nodebox atópase baixo unha licencia do MIT, que é open source. Nodebox só existe para o entorno os X.

Polo vistazo que estiven botando á galería da súa páxina, promete ser unha ferramenta moi potente.

Como mostra, dádelle click a este video

Enviar comentario
Comentarios
29 de agosto do 2007 18:14, por servando

Eu estou a xogar con el, descubrino hoxe, pareceme incrible... E o que estaba agardando. Unha limpeza de codigo admirable, unha rapidez pasmosa... pra min xa se acabou processing.

"People of python hates java, people of java ignores that python exists"

(ars electrónica 2006)

Categorías
Berio Molina