Non ao desaloxo da Casa das Atochas
venres, 3 de decembro do 2010, por Isaac Cordal.
categorías: Acción Social

Escrito de adhesión e apoio á Casa das Atochas, colectiva e
individual, difundideo todo o que poidades. A Casa das Atochas é un
centro ocupado dende hai tres anos no que se realizan actividades de
todo tipo, charlas, concertos, clases, radio, etc. Sempre estivo
abandonado ate que se ocupou, agora queren "remodelar" o barrio e queren
tirar a casa. Esa casa tamén é histórica, xa que asasinaron a varios
anarkistas neses muros na guerra civil. Pero xa sabedes que non hai
miramentos, se morreran fachas seguro que tiñan montado un mausoleo.
Necesitase apoio para que non a tiren, a data límite é o 9 de decembro,
ese día se se leva a cabo o desaloxo tamén faría falta xente para
apoiar, xa que non lles vai ser nada fácil botarnos.

Só tedes que cubrilo e mandalo a contacto@casadasatochas.info pode ir
sen asinar.

Descargar apoio individual
Descargar apoio colectivos
Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal