Non todo é o que parece en Oajaca
mércores, 8 de novembro do 2006, por paflexo.

Desinformación e represión camiñan xuntas. Nos tempos que corren o exceso de información acaba convertíndose nun tupido velo que non nos deixa ver a realidade das cousas, sobre todo se na prensa occidental non se informa de todo o que pasa (como suele ser habitual)

Por eso está ben que corramos a voz e demos publicidade os verdadeiros sites e lugares onde se pretende informar e coidar dos maltratos que sufre a humanidade das supraestructuras (estatales ou privadas) LA Jornada é un deles.

Nestes días de axitación nos que as nosas labouras artísticas nos teñen tan absorvidos, está ben comprovar como existen sitios e lugares de resistencia tan importantes e que teñen tanta repercusión. Pero por si acaso non queda claro ahí está La Jornada que resaltan os feitos que pasaron en Oajaca; e que parece que a prensa normal non lles dedica a debida atención.

Comentarios
9 de novembro do 2006 01:31, por Antía

Yo aconsejo otra web de información: www.rebelion.org
Y desde aquí un saludo a nuestro comentarista Roberto Abuín que está viviendo allí en Oajaca.

9 de novembro do 2006 02:12, por PAblo

Están moi ben estas webs e que as teñamos presentes, igual podíamos ter un link permanente nalgunha parte...igual que as de ecoloxistas etc

9 de novembro do 2006 02:47, por antia

Creo que tes razón, porque estes links vanse a perder é o bo sería telos nuha sección de links no marxe esquerdo á altura de novas, galería. alg-label é así ter links por seccións(os de galería, label, páxinas de información etc.Teriamos que comentalo ó netmaster.

9 de novembro do 2006 05:07, por berio

Tedes unha sección de links aquí:

http://www.alg-a.org/spip.php?rubrique9

10 de novembro do 2006 13:42

10 de novembro do 2006 17:02

Sí, é certo, meus amigos, as cousas que acontecen en Oaxaca non son exactamente as que os medios de información adscriben en Europa. As cousas aquí son realmente desconcertantes e de unha conflictuación maior. O que non quita que a desbordante capacidade de resitencia creativa do ser humano se amplifique ante estas masacres contra a democracia e a libre determinación comunitaria dos pobos oaxaqueños. Sobre todo cando a dictaminación da conducta que os pobos oaxaqueños describen é contradita unha e outra vez polos portadores da lóxica "humanitaria" e "condescendente" dos gobernadores (priistas ou non) que só ven no seu bolsillo e na súa despreciable conducta caciquil e depredatorial a victoria contra toda democratización formativa do ser. Aquí en Oaxaca a realidade é moi diferente a como coido aí se pensará. Oaxaca é unha comunidade integrada por 13 etnias indíxenas coas súas respectivas linguas e coas súas respectivas formas de vida e de coñecemento. Eses 13 pobos son sintéticos e integradores da diferencia dos outros, é dicir, non son xerárquicos e non son verticais: son pobos de raíz moi antiga que conservan vivo o seu coñecemento, a súa forma de vida, de existencia, de crenza, de extensión consciente, de creación. Son pobos fundamentados na que lle chaman a Guelaguetza (en zapoteco cuxo significado é "don de dar, de compartir"): festa que se celebra unha vez ao ano no centro do estado de Oaxaca, na cidade, centro cerimonial e sagrado dos antigos, a Montaña Branca, á que cada un dos pobos leva un regalo, un don, algo para entregar aos outros pobos irmáns. Un regalo que marca a súa conciliación democrática, existencial, interconectiva. Ese "don", esa forma de convivencia estana perdendo os que, coma o gobernador Ulises Ruíz Ortiz, concilian a súa existencia co poder e coa aspiración tiránica de despotismo e depredación. Os pobos de Oaxaca din rotundamente NON a esa enfermiza forma de existencia, buscando novas conciliacións e creacións que acaden unha resolución directa e aberta. Eu, coma oaxaqueño de adopción, tamén me inclúo nesa crítica, nesa rotunda crítica ao poder falocéntrico e destructor.

Para manterse informado, creo que podedes ver as seguintes web:

www.oaxacalibre.org

www.asambleapopulardeoaxaca.com

www.radioplanton.net

www.laneta.apc.org/oaxaca/index.html

mexico.indymedia.org/oaxaca

Aparte, a creatividade da xente vinculada ao eido artístico está comezando a levantarse. Por exemplo un grupo de artistas (pintores, artistas sonoros, performers, etcétera) comezamos a definir unha rede creativa que rompa a intervención política da PFP (policía federal preventiva) nas rúas. De xeito que, por exemplo agora, o paseador turístico está sendo tomado por artistas: arquitectos, instaladores, actores, pintores... rompendo a cruenta trivialidade que a imposición metodolóxica do sistema neoliberal intenta sobre de nós. O conflicto de Oaxaca, con todo o que implica, e con todo o que as consigas din: "la revolución del siglo XXI aquí se está forjando: la libertad de la mente y del corazón nadie nos la arrebatará" está dando a quecer froitos novedosos no eido creativo. Por exemplo, estou coordenando cun escritor catalán un proxecto de Dvd interactivo que mediante o lúdico e o irreverente desestructura-deconstrúa a situación límite que vive esta fermosa terra onde os verdadeiros nahuales aínda campan polos montes transformados en Luz, en pura Luz de mañá.

Na homenaxe concurrente de todos os desaparecidos (que cada día son máis) e de todos os mortos clamo a mesma consigna que todos os pobos liberados do mundo:

Nunca Máis ningún tipo de Represión.

Roberto Abuín González.

.