Nothing happens
domingo, 3 de febreiro do 2008, por Paola.

Nothing happens é o nome dunha performance online que se divide en 3 actos.
Nesta, os usuarios poden ir modificando en tempo real cos seus clikcs o movemento dunha caixa de carton.

Estes movementos vanse rexistrando mediante instantaneas que finalmente seran animadas.
Os tres actos execútase dun xeito secuencial e durante un prazo determinado de dias.
A performance termina cando o obxecto cáese ao chan.

Nothing Happens é un traballo de Nurit Bar-Shai,Rich Miller, Yishay Schwerd e Zach Lieberman.

Do 6 ao 17 de Febreiro podes participar dende aqui na performance que se vai realizar dende NY para o The Japan Media Arts Festival.

+info: turbulence

.