Nova páxina de escoitar.org
sábado, 29 de marzo do 2008, por Berio Molina.

Esta semana pasada publicamos unha nova versión da páxina de escoitar.org. Esta nova versión aínda está en beta, polo que como xa sabedes esto significa que poida que experimentedes algún erro no sei funcionamento. Si é así gustarianos moito que o remitirades ao equipo de escoitar: info(arroba)escoitar(punto)org. Estariamosvos moi agradecidos.

As novedades son moitas, orientadas a darlle unha maior funcionalidade ao usuario, creando sobre todo unha sección especial para el, e un mapa expecífico coas paisaxes que teña subidas.
Tamén aumentamos o tamaño do mapa, pasando a ocupar toda a pantalla e facendoo máis navegable.
Asimesmo implementamos un sistema mediante o que se van mostrando diferentes números de paisaxes dependendo dos diferentes niveis de zoom que haxa no mapa.

A web corre baixo unha nova versión do plugin de xeolocalización GIS que escoitar.org desenvolve para o CMS SPIP. Esta nova versión aínda non é pública xa que está sendo retocada.

Comentarios
31 de marzo do 2008 03:55, por isaac

Menudo cambio. Boísima, deseño, funcionalidade, etc. Parabéns!

31 de marzo do 2008 05:56, por berio

tu si que eres boísimo. rico, simpático, ameno, amigo dos teus amigos, un tipo espectacular, etc. Gracias Is!

.