Nova publicación do netlabel alg-a: FORMATT
venres, 23 de febreiro do 2007, por Berio Molina.

Hoxe publicamos para o netlabel de alg-a un novo traballo de Formatt, chamádo onontgonnen:

alg027 - onontgonnen - Formatt

’onontgonnen’ é unha colección de sons, grabacións e patróns, que aínda que están traballados, nunca ata o punto que poidan entenderse como unha peza por eles mesmos. Quizáis algo rudimental, pero o seu carácter de crudeza permite darlle unha identidade única, privada de connotacións, significado, sen trucos, sen lastre, nun sentido intimista. Algúns son dixitais, outros analóxicos. Algúns están copiados e pegados, algunhas veces procesados, por capas ou remixturados, pero encalqueira caso, sen cultivar, practicamente virxes.

Enviar comentario