Nova publicación do netlabel alg-a: Madame cell
martes, 12 de setembro do 2006, por Berio Molina.

Dende Santiago chega esta nova referencia para o netlabel alg-a:

ALG023 - Madame cell

Madame cell é Ig, coñecido polas súas paiasadas sonoras xunto con Mig no Meuteu IgMig, pola súa grande opera fonética forte OFF, polas súas accións xunto co colectivo ludd34560, polo traballo de improvisación con Baandarlog, e por moitas máis cousas.

madame cell (ou o fraccionamiento do asombro)

Pezas compostas con “células” ou obxetos sonoros extraídos de varias grabacións de improvisacións libres ou “asombros”. “Reanimación dunha librería repleta de .wavs en pleno delirio de sometemento, dispostos a calquer tipo de vexación con tal de saír de C:\ig\madame cell\impros\mostras. Proxección secuencial de diapositivas sonoras ou exaltación do obxeto sonoro metamorfoseado en texturas ou paisaxes. Contrapunto de timbres ou sucesión de superposicións. Mostrario de mostras ou manipulación de cadeas de símbolos. A emoción sempre residual. ¿unha lástima?”

Comentarios
13 de setembro do 2006 04:35, por is

A verdade é que estamos de noraboa coa saida desta release. Nacho é un deses seres que non se publicitan, que non buscan o zoom óptico do protagonismo, pero que na cultura galega xa deixa o seu Arte plasmado (non vou ser eu quén o publicite). A súa brutalidade inmensa en directo sexa sobre a barra dun bar e as súas paredes, ou de negro riguroso (con calcetíns de cores distintas como nexo de unión da mestizaxe do seu ensino clásico de conservatorio e a parranda improvisada nun andamio) enriba dun piano é in cre i ble.
Parabéns Ig por este lanzamento!

18 de setembro do 2006 05:57

gracias isaac pola túa palabra clara e sen rodeos (algo bastante escaso en este mundo de estratexias e dossieres) e tamén a berio e xesús por contar conmigo e compartir píxel con semellantes ciberveciños, faciá tempo que non me sentía tan halagado e animado, sobre todo dende o mundiño da música, a arte, e todo iso. sen dúbida , o millor regalo de cumpreanos que tiven na vida. síntome a hostia de orgulloso de pertencer a un colectivo de xente tan amábel e estimulante como alga. podo decir tranquilamente que de non ser por coñecervos madamme cell sería unha retahíla de sintonías de telediario, jaja xa sabedes...quérovos e non vos esquenzades de criticarme bueno non vos pasedes.. becauses

19 de setembro do 2006 09:49

PARABENS NACHITO....

22 de setembro do 2006 04:41, por ig

crítica dende o blog de thierry massard http://massard.blogspot.com

:: madame cell is the result of the intensive and grubbing work of ig.
the accomplices are (in order of appearance in your orl system) ::
Mónica De Nut - Fernando Abreu- Alvaro Iglesias
:: madame cell is the result of improvisations - sound collisions and slides …
:: madame cell is a pretty woman
:: madame cell is all made of talent but in 7 distinctive parts and it is sometimes difficult to have a general point of view on this protean beauty. The beautiful "intermezzo" of :: madame cell have been all made with a piano and it is a beautiful intermezzo. As i am in, i do not understand a word of the presentation text of the release, and i should like to have the translation of these words but as always, i do not want to use those silly surrealistic translator machines.

the "fuga a 2 voce" of :: madame cell is absolutely "impressive" … but i also have to take care on my impressive use of this word, these days. "praeludium en mi" would easily transformed you as an agreeing victim of a mantis reliogosa.
In :: madame cell, after the "mi" is the "re", and it is a pretty good news for all those who prefer short cuts to musical theory - the only problem in that this "praeludium in re" is closing an "a emocion sempre residual" and i agree because i think it means ... essential.

.