Árbole é un proxecto sonoro experimental, inspirado nos bosques asturianos, máis concretamente nas súas árbores. Cada tema está baseado nunha árbore autóctona, toma o seu nome e realízase experimentando con gravacións de campo feitas nos bosques, procesadas xunto a outros sons xerados no estudio, pretendendo que o resultado final se convirta nunha paisaxe sonora, onde o orgánico e o sintético estean perfectamente fusionados.
Juanjo Palacios: gravacións de campo, instrumentos virtuais, plugins, manipulacións de samples, composición, procesado, fotografía e deseño gráfico.
Este traballo realizouse entre 2008 e comezos do 2010. Está adicado a Luisa. Agradecer o apoio que me prestaron thr3hold, Carlos Suárez, Juan Antonio Nieto, Carmen, Rosa Pérez, Berio Molina, Comunidade alg-a, Jordi Giráldez, José Antonio Vega, Alex Camblor, AMCppbocanegra , Arenas movedizas, Optica, XIZidium, e Miga.