Nova publicación para o netlabel alg-a, nesta ocasión trátase do traballo Creature sonore de Manuela Barile.

alg029 - Creature sonore - Manuela Barile - galego
alg029 - Creature sonore - Manuela Barile - inglés

Traballo de investigación arredor da voz, tal e como nos conta a súa autora:
"Todos os sons vocais incluídos nesta publicación son naturais, e o resultado de técnicas desenvoltas entre o 2003 e o 2006. Foron gravadas tal cal e en tempo real sin manipulación electrónica."

Manuela Barile é unha investigadora vocal e performer multidisciplinar. A súa investigación artística está basada nun proceso que combina sons vocais con diferente media (video, fotografía, intalacións, performance, actuacións-concertos, debuxo e escritura).

Manuela Barile vive en Lisboa. É unha das directoras de "Binaural", un colectivo portugués, que organiza eventos multidisciplinares e coordina o programa anual de "Nogs", unha residencia artística centrada na promoción dos media arts nun contexto rural.

Comentarios
21 de maio do 2007 06:40, por Xe

dicir tal vez, que ésta release publícase a vez que Manuela vai ser nai primeriza.
O neno chámase Samuel.
Pareceunos unha boa idea publicar éste disco a vez que nacia a criatura.
Felicidades tanto a Manuela como o pai Luis Costa.
Que vaia todo ben na familia Binaural !!!

.