Nova publicación para o netlabel alg-a, dende Vigo un cuádruple Ep de äNACRUSä
alg030 - Ballads from the four seasons - äNACRUSä - galego
alg030 - Ballads from the four seasons - äNACRUSä - inglés
Ballads from the 4 seasons consiste nunha serie de catro eps sobre as estacións do ano, feitos na súa totalidade con grabacións de campo. Cada ep inclúe catro pezas pergeñadas (en canto a composición e a rexistros de sons) no tránsito da súa estación correspondente.
É unha obra lo-fi dende a súa raíz. Tódolos samples foron capturados ( case coma fotografías sonoras) cun sinxelo reproductor mp3 a 8000Hz, excepto El estómago de la noche, e un sampler en El flujo del crepúsculo, que foron feitos co meu antigo pc e, nembargantes, tamén en baixa fidelidade.
As grabacións foron fotografiadas ao longo de Galicia e as pezas compostas en Vigo, na rúa Pizarro, no tránsito do ano 2005, entre finais de Xaneiro e a primeira metade de Febreiro do 2007. Masterizáronse en Pontesampaio (case todo), Chapela, Canido e Cela, respetándose o espírito lo-fi.
As baladas dende as catro estacións é a segunda obra de äNACRUSä, o maldito bicho en contínua mutación. Estas baladas son a miña dormevela. Brotan da natureza, da vida mesma, das tripas, da mente e do corazón do bicho.