Nova web: ardegaliza.info
martes, 8 de agosto do 2006, por Antía .
categorías: Acción Social

ArdeGaliza é unha iniciativa espontánea de activistas de varios colectivos sociais e culturais galegos, aloxada na Rede de Acción Socio-Cultural “Arredemo”, e que vos ofrece un espazo onde publicar información, convocatorias, accións e reflexións que podan axudar na loita contra a vaga de terrorismo ecolóxico que arrasa Galiza. A nosa idea: “ou construimos e defendemos o país entre todos e todas ou quedamos sen el”.

Enviar comentario
Comentarios
9 de agosto do 2006 01:07, por Antia

Poderiamos, unha vez que acabe este inferno, apadrinar un monte cada colectivo galego(artistico, ecolóxico, gays) para facer al labores de tala, recollida de cinzas e replantacións…o problema é tan grande que paralízanos,por iso deberiamos de propoñernos pequenas metas e pequenos grandes proxectos.

9 de agosto do 2006 04:49, por isaac

Que pesadelo estamos a vivir estes días na nosa terra. Sexto día e cinco noites. Onte estiven en Viascón na zona de Cotobade que podería decirse que xa esta totalmente arrasada polo lume. Na zona de Cuiñas xa fora arrasada a noite anterior (lúns pola noite) quedando o lume na porta das casas. Ese día houbo efectivos, dous hidroavións , e un camión de bombeiros, tamén a Garda Civil tivo que desaloxar a varios veciños, así como outros preferían facer frente as chamas cunha coraxe increible.
A noite foi infernal, na que un camión ardía na estrada de Ourense de madrugada (xusto na entrada de Viascón derretindo o propio asfalto) e o frente ía hacia Cuspedriños.

O Martes cheguei o mediodia e ardía brutalmente a zona da Igrexa, cruzando o lume a estrada de tres carris rapidamente. A estrada de Ourense nese punto, estivo cortada polo menos 2 ou 3 horas. Os propios veciños, sen axuda esta vez de outros medios, fixeron frente o lume durante tódala tarde. Nunha situación límite, onde todo o pobo traballou para salvalas súas casas. Os tractores ían dun lado a outro repostando nas fontes cercanas. Moita rabia e moitos nervios. Podían divisarse dende o monte de Cuiñas uns catro incendios, e o máis grave adivinábase na Atalaia, un pobo cunha soa estrada e que estaba cercado polo lume. Xa entrada a noite seguían dous frentes de grandes dimensións que definitivamente arrasarían co que quedaba sen arder.

Unha auténtica locura.
Isaac

31 de agosto do 2006 03:42, por margarida

Accións contra as constructoras dos criminais vencellados á mafia belicista e prevaricadora do Pp. Pintura vermella nas súas promocións.

Categorías
Antía