Harmen de Hoop
mércores, 8 de setembro do 2010, por Isaac Cordal.
categorías: Creacións, Street art

Por que hai esculturas na cidade?
Para quen?

Harmen de Hoop engadiu obxectos a esas esculturas que están á intemperie e esquecidas nos espazos públicos. Dependendo das reaccións dos transeúntes, e especialmente dos servizos de limpeza, as súas accións permanecen encostadas aos corpos e materiais inertes durante períodos de tempo máis ou menos longos pero sempre efémeros. Intervén esas esculturas de parques que parecen vir por defecto como unha parte máis do mobiliario. Representa o absurdo do uso e deseño de determinados espazos urbanos, modificándoos mediante o exceso do seu mobiliario, dotándoos de novas funcionalidades e complementos. Digamos que mellora a cidade con altas doses de ironía. Ao cidadán ofrécelle aquilo que supostamente pode necesitar como ferramentas, auga, cervexa, etc

Entrevista Harmen de Hoop




Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal