Novo deseño da galería alg-a
domingo, 27 de xullo do 2008, por Berio Molina.

Seguindo a fase de actualización a un novo deseño da páxina de alg-a, acabamos de subir unha nova versión da nosa galería:

http://www.alg-a.org/spip.php?rubrique7.

Os cambios son sobre todos de deseño e non novidades expectaculares en canto ao seu contido. Tan só unha presentación -cremos- máis clara e atractiva.

Seguimos coa idea te empregar un menu despregable que estea presente en tódalas páxinas dos diversos proxectos alg-a, aínda que o deseño sexa diferente, para que haxa certa unidade.

Tamén seguimos empregando os increíbles debuxos de Ernst Haeckel do seu libro Kunstformen der Natur, que cubren a parte gráfica e se atopan baixo dominio público para o seu uso.

Esperamos que vos guste!

.