[alg050] - Hyaena Reich - Agnella Dirigire
luns, 26 de outubro do 2009, por isaac-cordal.

No net label alg-a acabamos de publicar o traballo da artista portuguesa Hyaena Reich baixo o título Agnella Dirigire con tres pezas sonoras. Este traballo é o número 50 do net label alg-a.

alg050 - Hyaena Reich - Agnella Dirigire

Hyaena Reich é unha compositora e performer portuguesa que desenvolve traballos de son desde 1996. O seu traballo baséase na experimentación e a improvisación, mesturando a captura de sons e ambientes da vida real, así como secuencias con fontes de son estrañas - de obxectos metálicos e madeira, pedras ou a exploración dos sons en espazos con características acústicas específicas - sendo despois editados e secuenciados, rompendo as fronteiras entre a mera música experimental e o son no espazo cinemático.

Hyaena Reich cursou Estudos Cinematográficos, Enxeñería de Son e de escritura de guións adoptadas no Conservatorio de Lisboa, é filla dos directores de cine Margarida Cordeiro e António Reis, estudou as cuestións da improvisación, a experimentación e da musicoloxía cos portugueses pioneiros experimentais Vitor Rúa e Jorge Lima Barreto (Telectu ) e afrontou os proxectos en solitario Imbolc, ZLKNF e Arraial, sendo tamén a cabeza do colectivo experimental Sabotage en Masse.

http://www.myspace.com/hyaenaxreich

Enviar comentario