Novo traballo de Arturas Bumšteinas.
domingo, 28 de novembro do 2010, por Durán Vázquez.

Xa está dispoñible na páxina en rede da discográfica portuguesa Crónica Electrónica un novo traballo da serie Unlimited de traballos de descarga gratuita. Trátase de Pastoral, do creador sonoro Arturas Bumšteinas.

Membro da moi activa comunidade lituana de persoas involucradas no son e a música experimental, Arturas é tamén un dos creadores do catálogo de alg-label, onde publicouse o seu traballo titulado Glockenspiel.

Novo traballo de Arturas Bumšteinas.
Enviar comentario
Categorías
Durán Vázquez