Nuart 2010
xoves, 23 de setembro do 2010, por isaac-cordal.

Nuart é un festival anual de arte contemporánea e música creado en 2001 en Stavanger, na costa oeste de Noruega.

Desde setembro 2005 Nuart enfocouse e apoiado ao street art emerxente e o que eles denominan Post Graffiti. Os traballos dos artistas, lonxe da presión de traballar ilegalmente, poden crear desde enormes muráis en fachadas ata pequenas intervencións no mobiliario urbano tomándose o tempo necesario.

O termo Post graffiti supoño que refírese á evolución do graffiti nun novo muralismo de grandes dimensións. Festivais como Fame (Italia), Blkriver (Austria), Stamp (Alemania) etc. propoñen que os traballos sexan de maiores dimensións e elaborados co tempo necesario.

Os artistas participantes nesta edición son os siguientes:

BLU (IT), VHILS (P), ROA (BE), DOLK (NO), ERICAILCANE (IT), EVOL (DE), ALEXANDROS VASMOULAKIS (GR), STEN & LEX (IT), M-CITY (PL),
DOTMASTERS (UK)

Blu/Erilcailcane

Evol

Evol é, xunto a Boxi, un dos meus artistas preferidos traballando con persoais. No seu flickr podes ver un vídeo do proceso de traballo e ver a cantidade de plantillas diferentes que utiliza para conseguir as imaxes de fachadas que crea sobre cartón.

M-City

Dolk

Alexandros Vasmoulakis

Imaxes por Ian Cox e John Dodg

Percorrido en vídeo disfrutando das obras feitas durante Nuart2010.

Video feito por Carl Fredrick

Durante o Festiva estreouse o documental Women are heroes do artista francés JR.


JR - EXTRAIT "WOMEN ARE HEROES", Kibera, Kenya
Uploaded by JR. - Watch original web videos.

Máis de JR en alg-a

Máis de BLU en alg-a 1 - 2

Máis de EVOL en alg-a

.