Dende Abril deste ano que remata, Eduardo Punset leva en marcha o seu propio blog na rede coa súa productora Smart Planet como morada gráfica, (unha empresa adicada ao deseño e execución de proxectos de divulgación científica) . Neste espazo dixital podemos atopar interesantes entrevistas, en formato texto e video, a diferentes persoas do ámbito científico e cultural, tales como Oliver Sacks, Rodney Brooks, David Cronenberg, Paul Ekman, ... e un longo etc. Entrevistas, ou charlas, realizadas na maior parte para o programa Redes de TVE e que dirixe o propio Punset (no seu web tamén se poden consultar, dun xeito doado, parte do material dos seus xa 414 programas realizados ata a data).
O novo libro de Eduardo Punset chámase A alma está no cerebro.
Comentario da editorial: "A cantidade de interrogantes que suscita o cerebro e o seu xeito de funcionar é infinita. Científicos, filósofos, artistas? todos os grandes pensadores se han sentido atraídos ao longo dos tempos por este misterio, pero no século XXI o cerebro segue sendo aínda o gran enigma que o home intenta desvelar. Este libro, que suscita as preguntas que todos nos facemos, permítenos achegarnos, conducidos por Eduardo Punset, ás reflexións dos investigadores máis relevantes e penetrarnos, dende unha posición privilexiada, nese gran segredo que é o cerebro".
eu xa coñecia ete blog...por certo estou lendo o libro anterior de camiño a felicidade...e esta moi bem...quen o quera o relevo cando o remate.
bicos