O laboratorio de alg-a busca un terreo
mércores, 15 de agosto do 2007, por Berio Molina.

O labortatorio alg-a busca un terreo donde asentar e construír o proxecto de elaboración dun Centro de Creación Contemporánea.

Podedes consultar o proxecto na seguinte ligazón, e descargalo en formato pdf.

Agora mesmo o proxecto atópase en fase de búsqueda dun solo para asentar os 100 metros cadrados do laboratorio. Como xa sabedes esta superficie correspóndese coa area dos contenedores que serán a sede do laboratorio e do Centro. Estes contenedores atópanse agora mesmo ubicados en Porriño, esperando a ser movidos ao seu destino final.

O laboratorio alg-a está interesado en calqueira información, suxerencia ou cesión sobre donde poder ubicar o Centro de Creación - Laboratorio. A idea é levalo a cabo entorno á cidade de Vigo.

Si vos interesa axudarnos a atopar e conseguir o solo, podedes poñervos en contacto connosco no seguinte enderezo:
http://www.alg-a.org/spip.php?page=contacto

Nota de prensa no seguinte pdf:

PDF - 148.1 KB
O laboratorio de alg-a busca un terreo
Enviar comentario