Dende o netlabel Alg-a vimos de publicar o traballo Música e entorno de GCMUS (Grupo de Creación Musical da Universidade de Santiago).

Trátase dunha reedición en formato dixital dun cd publicado orixinalmente por escoitame edicións no ano 2009, e que agora publicamos baixo licenzas libres co permiso dos seus autores.

Segundo eles din no texto de presentación do cd:
Música e Entorno recolle a produción musical do Grupo dos anos 2007 e 2008. Entendemos, que unha nova escoita nos é proposta desde a paisaxe sonora, e fixemos deste enunciado o móbil do traballo. Presentamos obras dos tres membros actuais do Grupo: Inmaculada Cárdenas, Mónica Álvarez e Arturo Vaquero. Inmaculada Cárdenas.

Enviar comentario