O perímetro da leira. O presente caducado

Cando sequen os últimos repolos, as silvas enraizarán nos regos que deixaron as patacas.

Coma outros, todo se entrega á vista da memoria, a un feixe de olores que sempre quedan xunto ao esterco das vacas, ao coche do panadeiro e á madeira vella do faiado.

Fíxate que, mañá, cando anoiteza, virán as pegas todas a pousarse na uralita da cabana.

Enviar un comentario - 2 comentarios