O proxecto 12 LÚAS
xoves, 8 de xaneiro do 2009, por Antía .

12 lúas Proxecto Cultural de Arte, Internet e Creative Commons naceu nun día marcado para a sociedade galega o 17 de maio de 2008 coa intención de facer unha pequena revolución ámbito cultural e propoñer novas alternativas do espazo creativo.

O nome 12 lúas ven dado polos 12 meses que contén un ano e que puxemos coma data límite do proxecto para ver ata donde un colectivo pode chegar coas súas inquedanzas. Lúa ven dado polo aspecto místico que aporta a lúa aos artistas como musa dos seus traballos.

O espazo 12 lúas está baixo un soporte de Web 2.0 , porque ademáis de ser o blogue unha ferramenta gratuíta facilita interactuar e participar tanto entre os colaboradores coma do público. Por iso todo o proxecto está feito con ferramentas gratuítas que calquera usuario ten ao seu dispor.

En canto, as licencias Creative Commons, decir máis que nada que son unha maneira de protexer os nosos traballos artísticos sen pagar un canon á SGAE ou a outra plataforma. Coas licencias Creative Commons propónsenos unha axuda á cultura libre e podela difundila sen que nadie se apropie das ideas dos demais ou dos seus traballos.

::::::::::::::::::::::::::::O PROXECTO

PNG - 18.3 KB

12 lúas é un proxecto cultural basado nas novas tecnoloxías gratuítas
de internet (Youtube , Mindtouch Deki Wiki, Blogspot, Google Mail,
Archive.org, Flickr e Facebook) coas licencias Creative Commons.
Este proxecto ten varios propósitos:
1. Unha nova revolución cultural basado nas tecnoloxías e na
intercomunicación das diferentes artes.

2. A coloboración entre distintas persoas ou grupos para xerar novos
proxectos ou artes. Promovendo a súa derivación e a
complementaridade das artes e xéneros.

3. A posibilidade de chegar a tódolos públicos e promover a idea de que
a cultura está ó alcance de todos.

4. A autopromoción creativa.

5. A liberdade de expresión.

6. A oportunidade de amosar as nosas innovacións e proxectos.

7. A pluralidade e a mestura das linguas como forza cultural.

8. Áreas principais, Arte1: Fotografía, Música, Poesía e Reprodución
Audiovisual.

9. Áreas secundarias e que faciliten a súa mistura, Arte2: Fotomúsica,
Fotolírica e Fotovideo como novos xéneros.

10.Áreas de uso, Arte3: videoclips, videopoema.

11.Novas áreas: Arte4 (mestura das 4 artes nunha sola), Artelingua
(promoción da lingua a través do arte) e Arte 5 (mestura de máis de
catro áreas artísticas).

12. A súa difusión pola rede e medios media do proxecto 12 LÚAS.
¿Por qué 12 lúas?
O nome de 12 lúas ven dado porque a cada mes correspóndelle un mes. E
este proxecto tenta ter o seu máximo fruto ó longo dun ano completo
(12 lúas).

A razón que comecemos esta andadura o 17 de Maio é que este dia é o
Dia das Letras Galegas ( 17 de Maio) no que se reivindica a nosa lingua e
cultura galega. Ademáis disto o 17 de Maio coincide co dia de Internet,
posto que coincide coa nosa idea da gratuidade da rede e a libre
distribución da cultura. A parte disto coincide este mes de Maio coa
celebración do 40 Aniversario do Maio do 68. Coa que nos queremos
implicar ofrecendo a nosa revolución cultural a través da rede.
En canto, a que no noso proxecto esté o astro luar é debido a que a lúa co
seu carácter místico é musa de moitos poetas e relixións. Sen deixar o seu
aspecto científico de como altera o comportamento humano. Por iso con
esta imaxe queremos reflexar o noso aspecto creativo.
¿Por qué Licencias Creative Commons?
As licencias Creative Commons ofrécenos a oportunidade de difundir as
nosas obras, baixo uns parámetros, sen que nadie se apropie delas
indebidamente. Podedes consultar as licencias Creative Commons na súa
páxina web http://www.creativecommons.es .

Attribution-NonCommercial-ShareAlike 2.5 Spain
You are free:
to Share - to copy, distribute and transmit the work
to Remix - to adapt the work
Under the following conditions:
Attribution. You must attribute the work in the manner specified by
the author or licensor (but not in any way that suggests that they
endorse you or your use of the work).
Noncommercial. You may not use this work for commercial purposes.
Share Alike. If you alter, transform, or build upon this work, you
may distribute the resulting work only under the same or similar
license to this one.
For any reuse or distribution, you must make clear to others the
license terms of this work. The best way to do this is with a link
to this web page.
Any of the above conditions can be waived if you get permission
from the copyright holder.
Nothing in this license impairs or restricts the author’s moral
rights.

Enviar comentario
Categorías
Antía