O punteiro afinable de Lis Latas
luns, 3 de marzo do 2008, por Berio Molina.
categorías: Cacharrada

Este pasado sábado presentouse no Museo do Pobo Galego o primeiro punteiro afinabel para gaita.
Sen dúbida un invento revolucionario xa que permite romper coa excravitude á que estaba sometida este instrumento probocada por cuestións ambientais de temperatura, morfolóxicas e tímbricas e culturais.

Non é fácil romper coa personalidade dun instrumento que tiña na súa "imperfección" (a súa tendencia a estar constantemente desafinado) un encanto tan forte que xa formaba parte da personalidade das culturas nas que se da a gaita. Máis o Obradoiro de gaitas do lugués Lis Latas e Pepe Vaamonde rompeu este acondicionante cultural en pedazos, cinco pedazos que son nos que está dividido o novo punteiro e que permiten variando a súa lonxitude crear novas sonoridades que posibilitan o seu afinamento, e tamén por suposto, o seu maior desafine.
O importante é que se logrou liberar a gaita aportandolle novas sonoridades sin romper coa súa morfoloxía.
Con estes cambios introducidos agora é posible tocar duas novas notas que fan que se poidan interpretar moitas máis melodias como o Preludio Número 1 de Johann Sebastian Bach, co que o fonsagradino Brais Monxardín acadou o I premio na última edición do certame Constantino Bellón.

O punteiro afinabel xa está comercializado e se pode adquirir por un precio mínimo de 500€
O feito de que sexa o primeiro punteiro afinabel comercializado no mundo, como así o certifica a patente deste punteiro, abrirá un importante mercado internacional que ubicará este obradoiro lugués no centro mundial da artesania neste instrumento.

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina