Considero que o mundo está a dar voltas dun modo que por momentos nos desconcerta a moitos. A min, galego residente en Oaxaca, resúltame estraño ver como dende aquí todo se ve cunha especie de nitidez que moitas veces resulta molesta; molesta sobre todo porque na distancia un non pode facer nada senón proxectar luz dende o peito para que iso que acontece aí se desenvolva do mellor xeito; aínda que resulta duro oír da voz da nai rianxeira cómo relata que o monte (antes froito de luz) se converte de súpeto nun carbón escurecido no que a necidade escura dos seres amortaxados no corazón se expande coma unha mazá velenosa que rompe o vínculo primitivo do ser humano coa terra. Aínda sendo destructor o medio no que nos encontremos non deixemos nunca de proxectar luz dende o noso interior, porque o noso traballo por moi pequeno que pareza é unha forza mental que expande un cambio no espacio e no tempo. Hai un proverbio zen que di "espírito libre, entorno libre": quen a súa mente esperta para que o entorno floreza, florecerá nos mil modos evolutivos do mundo e nada poderá contra el. Por iso, agora máis ca nunca, se non espertamos a nosa psique xa, se non depuramos o noso intento da codicia e rencores milenarios que poboan o noso sentir como galegos,se non levantamos a mirada ao espírito creativo do real, non evoluiremos como o que somos: fillos emerxentes do enigma no que palpita o todo que se desenvolve ao noso arredor. E o entorno materno que nos veu medrar e que nos empuxa nese cambio (o Mundo, a Terra, o Espacio Consciente do Real) non evoluirá ao plano que lle corresponde coma tal: o plan absoluto da consciencia interconectora.
Eu son Eso, coma todo é o Eso no que nos desenvolvemos. ¿Pode existir acaso diferencia entre Un e Outro, entre un Amigo e outro Amigo, entre un Home e unha Árbore? ¡Non! Non hai diferencia. A diferencia pona a ignorancia das personas que non ven como todo, absolutamente todo, axuda a que nós, animais evolutivos, espertemos a nosa consciencia ao Abstracto.
Eu e todo o real somos Un, ¿Por que acaso aqueles fillos da terra (os denigrados destructores de sí mesmos), ao igual ca nós, se adican a devorar os principios da raíz que os nutre? ¿Farían o mesmo coas súas nais? ¿Plántaríanlles lume? ¿Devoraríanas? Coido que quen iso fai non pode ser chamado Home.
Eu agradezo ao Espírito o darme a Consciencia que me fai emerxer no real. Nunca ousaría arrebatarlle nada a esa Lagoa infinita da que emerxe o meu sentido. Matar a Orixe é matarse a un mesmo.
Coitados dos que iso fan, porque a condea peor non vén de fóra senón deles mesmos.
Nas comunidades indíxenas desta terra cren que o destino do home transmutará en canto comprenda que todo o que fixo ata este instante é só unha aproximación a un facer maior que aínda queda por desenvolver. Ese feito, o darse conta de algo, fará que cada un acade a revolución de un mesmo e que dese xeito se empreda dun modo impersonal e creativo un novo modo de existencia, fundada nos valores que antes criamos arcaicos e denigrantes pero que agora son máis ca necesarios: o valor do outro (a outredade, o respeto ao compañeiro, ao amigo, o tender a man sen condicións de ningún tipo), o respeto ao legado histórico de cadaquén e a administración correcta de ese legado non só espiritual senón físico. O egoísmo de crernos o cu do mundo non vai a levar a ninguén a ningún sitio: o ego encarnado, o verdadeiro ego encarnado, non o ego falso, debe retomar o seu sitio e ser, ante todo, prudente. Deixemos pois dunha vez de matinar en causas que non nos pertencen e empecemos xa dunha vez por todas a matinar o noso verdadeiro anceio de coñecemento e evolución: despregar as ás e nacer de novo en compaña co outro. Se non o facemos así, a nosa especie (galega ou non) verase destruida pola mansedume, a compracencia e a autodestrucción. Sei que é dura ver cómo todo esmorece en este final de época enerxética e consciente, pero non hai outra: o Ragnarok vívese de moitos modos. Aquí en Oaxaca, por exemplo, os mestres oaxaqueños están dende fai tres meses en pé de guerra contra o sistema opresor do PRI (tiranos do vello sitema despótico), as movilizacións son constantes e o grito de guerra óese constante en todas as rúas: onte, por exemplo, morreu o home dunha mestra por un tiro a mans de cinco descoñecidos que, aparentemente, estaban enviados polo gobernador de Oaxaca. Non sabemos qué pode suceder en dúas horas, pode ser que todo se veña abaixo ou pode ser que algo pase que cambie as cousas. Sen embargo nós, eu e a miña xente, estamos na guerra máis lúcida de todas: a guerra consciente contra o temor e contra a mansedume, a guerra consciente contra o ego falso, a guerra consciente contra nós mesmos a fin de ser cada día mellores, florecer coma árbores antigas e radiais de luz; só así espertar ao milagre da vida e do florecer consciente do ser.
Dou gracias a Deus por me facer consciente de quen son e de onde veño.
Roberto Abuín.
Perdón pola expresión seguinte: ¿Por que acaso aqueles fillos da terra (os denigrados destructores de sí mesmos), ao igual ca nós, se adican a devorar os principios da raíz que os nutre?; en realidade quero dicir: ¿Por que acaso aqueles fillos da terra, fillos da nosa nai ao igual ca nós, se adican a devorar os principios da raíz que os nutre?. A paixón do meu estado anímico (entre a guerra en Oaxaca, meu segundo país, e os lumes ardidos da miña terra de orixe) fixo que non me decatara dese erro ortográfico.
penso que estes días vivemos un ataque a Galiza, por causas diversas que confluiron nucha situación de crise, creo q o lume avivouse especialmente nesa franxa paradigmatica entre o meio rural e os nucleos urbanos, además do perigo, o medo a perder todo, este límite o que chegamos deberia ser investigado, si está claro q foron provocados seguro foi xente q pouco coñece e estima o monte, seguindo toda-las pistas, dende as condicions ecoloxicas ás animicas, procuremos que estas cousas non volten a ter lugar