*OBRADOIRO DE COCIÑA VEGANA* Na Cova dos Ratos
mércores, 18 de novembro do 2009, por Antia.

21 DE NOVEMBRO
NA COVA DOS RATOS(Romil,3)
10 da mañá

Desta volta cociñaremos con soia (leite vexetal, salsas, postres...) e
falaremos das suas ventaxas e desventaxas, para a saude e a terra. Falaremos
tamén sobre o negocio dos transxénicos.
Faremos alguns pratos que logo compartiremos á hora do xantar. A idea
inicial é facer un primeiro prato de sopa e ensalada con aliño, un pastel
salgado no q empregaremos a soia que nos sobra ao facer a leite vexetal, e
unhas hamburguesas de avea. E de postre biscoito de chocolate.
Todo isto está exposto ao cambio, segundo a dispoñibilidade dos vexetais e
ao noso criterio.

Este é un espazo aberto, no q calquera pode participar e colaborar con ideas
e traballo. Se tes algunha receita que queiras compartir ou gostarias de
colaborar con nos, non dubides en contarnos. Esta actividade terá unha
periodicidade mensual. Podes propoñernos cousas para outras veces.

Para apuntarte ou propoñer algo:
Mail: vigo@amaranteong.org
Tlf: 886111327

Este obradoiro organizámolo Árbore, Amarante e Caleidoskopio.

Desexámosvos saúde e alegria.

Comentarios
19 de novembro do 2009 04:19, por Gisela

Oh que bonito! otra vez éste taller! saludos de mi parte a la gente de la cova! te acuerdas ese día haciendo las galletas de maíz para que yo las pueda comer? jaja

19 de novembro do 2009 09:19, por NELA

Agradezo tamén dende aquí os amigxs da Cova a invitación que me fixeron para ensinar algunha das miñas recetiñas neste obradoiro, outra vez seguro que comparto coñecementos, pero desta vez estaréi ensaiando o espectáculo que facemos o martes 24N no MARCO dentro da programación do Are More.
Por Stockhausen !!!

Bicus e bo proveitoooooo!!!

.