OFF. La última rata. Ópera contemporánea.
venres, 18 de febreiro do 2005, por isaac-cordal.

Crónica da Estrea OFF. Documento gráfico. Sala Nasa 9 Febreiro 2005.

De cando o Caos semántico o invade todo ...Caosia, un estado novo na conciencia colectiva. ¿E arriscado facer unha ópera contemporánea en Galicia?. ¿Pode facerse sen apenas dígitos no caixeiro?. O eco todavía resoa.

La última rata nace coma unha compañía alternativa e presenta o seu primeiro espectáculo audiovisual OFF (ópera fonética forte). A protagonista, Palabra, sedenta de poder, necesita reforzos para convertirse en discurso e levar o cabo os seus pláns de conquista. Na súa búsqueda polos barrios baixos da linguaxe, atoparáse co enorme poder de aqcua, a raiña de Caosía... Un saúdo dende Alg-a a Sono-mama, en Bruselas, e agradecementos a Sala Nasa polo seu desenfado a hora de xenerar cultura. Galicia si insiste!

Palabra é Mónica De Nut (soprano).
Música é Fernando Abreu (barítono).
Xesto é Ig (baixo).

Dirección de escea ::: Ig, Sono-mama e Xurxo Troncoso.
Iluminación ::: Xurxo Troncoso.
Vestiario, decorados e imaxes ao vivo ::: Sono-mama.
Videos e realización ::: Isaac Cordal.
Dirección, música e libreto ::: Ig.

Enviar comentario .