OFF..."unha posible historia da linguaxe dentro dunha ópera"...
venres, 16 de febreiro do 2007, por nela que.
categorías: Axenda

“...Nesta voráxine de literalidade, datos, comunicacións, produtos, contrasinais, etiquetas, simplificacións, abreviaturas, regulacións, asepsia tecnolóxica, segura, fácil, limpa, asequible, impoluta, neo-hiperrealista…”

Off (Ópera Forte Fonética) é un diálogo permanente e explícito entre a palabra e a linguaxe non verbal. Como todas as óperas, é un pacto secreto ou invisible entre o xesto, a música, a palabra e a imaxe. Esta relación entre os elementos artífices da comunicación, normalmente ocultos ou marxinados baixo a trama na ópera tradicional, vólvense visibles en Off, transfórmanse no argumento principal. Deste xeito, os elementos que conforman o conxunto dunha ópera (palabras, xestos, son, imaxe, espazo-escenario e público) convértense aquí en persoaxes e actores…é un intento de rescatar e poñer en primeira fila argumental eses residuos emocionais, non verbais, que habitualmente quedan anulados polo peso doutros elementos inherentes ao espectáculo…“unha posible historia da linguaxe dentro dunha ópera.

Próximamente en Vigo (2, 3 y4 de Marzo). TEATRO ARTE LIVRE. "OFF; O CONCERTO"

PARA VER-ESCOITAR OS VIDEOS PROMOCIONAIS IR A www.nelaque.org

Enviar comentario
Categorías
nela que