OIL
domingo, 8 de abril do 2007, por nela que.
categorías: Axenda

O Martes 27 ás 21,30h. fixeron un alto na viaxe polos territorios da improvisación musical para presentar en primicia unha Orquestra de Improvisación Libre (OIL).

Director: Pablo Rega
Integrantes: María Move (violoncello e voz), Pablo Pérez (contrabaixo), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), MIG (guitarra eléctrica), Kike Otero (teclados), Madammecell (piano), Fernando Abreu (clarinete, clarinete baixo), Bernardo Martínez (saxo alto, clarinete), Fito Ares (saxo soprano, flauta travesera), Pablo Sax (saxo soprano, saxo tenor), Rafa Xaneiro (electrónica), Xesús Valle (computadora, voz), Pablo Orza (voz, obxectos sonoros), LAR Legido (batería), Patxi Valera (batería), Xacobe Lamas (violín), Elena Vázquez (violín).

O obxectivo é armar unha Orquesta de Improvisación Libre formada por un colectivo de aproximadamente unha ducia de músicos e artistas plásticos con residencia ou ascendencia arredor de Santiago de Compostela e/ou do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro.

Trátase dunha iniciativa do grupo Parto, apoiada regularmente por parte da Sala Nasa dende o ano 2003 para expoñer sesións de traballo multidisciplinar centradas na creación sonora e visual a tempo real.

O colectivo está formado por persoas de diversa procedencia, que teñen como nexo común o interese demostrado por unha disciplina artística como a creación libre a tempo real. A creación libre apoiada en distintas artes conxugadas como proxección de vídeo, expresión corporal, expresión oral e son en directo dá como resultado un experimento perceptivo vibracional de carácter único, baseado nun xogo de texturas, dinámicas e mesturas sonoras que transcorre mutante e inagotable.

Para esta ocasión, a Orquestra contará coa dirección de Pablo Rega que propón unhas sesións de laboratorio sobre a improvisación conducida.

Esta disciplina sitúa a ambos, músico e conductor, nunha mesma tesitura xa que un dispón de liberdade para a interpretación de símbolos, decide o material sonoro e a linguaxe a utilizar, mentres o outro aproveita as cualidades individuais á procura da forma, tempo e dinámica oportunos, en aras de atopar entre todos unha estructura ou equilibrio entre o micro e o macro. O micro é o individuo dentro da orquestra, unidade sonora autónoma que toma decisións e desenvolve a súa linguaxe propia como célula, mentres que o macro é o conjunto de individuos, a forma ou tecido.

“A miña experiencia con condución demostroume que non hai rangos, que ningún suxeito está máis capacitado que outro para esta práctica e ninguén sabe máis que ninguén, xa que todos dependen dos demáis. Deste xeito, é posible a relación de suxeitos de diferente ámbitos, inquietudes ou linguaxes que non se identifican no micro pero sí se poden relacionar no macro.”

Mediante este proceso de toma de decisións, tanto músico como director crean unha forma en tempo real, o que implica que a responsabilidade e o fin último sexan compartidos. Este tipo de estructura de equilibrios delicados é comparable cun sistema vivo, efémero, no que son posibles as mitoses, metástases ou mutacións da forma.

A priori, non se pode pretender que un sistema sexa igual a outro, xa que cada un dispón da súa propia enerxía, identidade e co tiempo, idiosincrasia. O traballo do director consiste en atopala e aproveitala.
via: SALA NASA

Enviar comentario
Categorías
nela que