OMEGA: concertos de nadal
mércores, 26 de decembro do 2007, por Madamme Cell.
categorías: Axenda

Para rematar o ano, o Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro presenta á sociedade galega a Orquestra OMEGA, un proxecto artístico para activar e expandir a nosa experiencia do feito sonoro.

Un espectáculo dinámico de inmersión na abraiante riqueza e complexidade do mundo da creación sonora a tempo real. A hetereoxeneidade na procedencia dos compoñentes vese reflectida na singular convivencia dos instrumentos máis dispares e insólitos: cuncos tibetanos, baterías, gargarexos, contrabaixos, computadores, xoguetes, saxofóns, cazolas, violíns, reclamos para paxaros, pianos, chocas, frautas do mundo, máscaras e perrucas, clarinetes, axóuxeres, guitarras eléctricas, maracas chamánicas, bandurras, canto armónico.. Mesturas de jazz con canto gregoriano, música clásica con cacofonías, textos sobre dereito penal con música electrónica, flamenco con sonoridades chinesas...Toda esta paleta permítelle a OMEGA dispor dunha amplísima gama de recursos, timbres e rexistros de todo tipo, moi pouco comúns nas formacións musicais de carácter convencional.

Enviar comentario
Comentarios
26 de decembro do 2007 06:10, por madamme

Decembro 27 xoves + 28 venres en sala Nasa (Compostela) as 22.00 horas.
entrada 9€/ estud-parados-as, internet :7€7 / tripulación:5 €

máis info: www,salanasa.com

Categorías
Madamme Cell