O.M.E.GA en Vigo
luns, 14 de maio do 2012, por madamme.

CRISEWHATCRISE?

Concertazos da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (OMEGa)

Será este vindeiro 18 & 19 de maio no Teatro Ensalle de Vigo (Rúa Chile 15) ás 22:00 e ás 21hrs, xusto despois do Día das Letras Galegas e antes do alineamento cósmico e o eclipse anular previsto para o domingo 20 por astrónomos e astrólogos de todo espazo-tempo como un momento excepcional.

O venres 18 a OMEGa preséntase desarticulada en 7 formacións nas que se exploran diferentes achegamentos á improvisación sonora en pequenas e medianas formacións de carácter variado e variable.

O sábado 19 teremos o placer de presentar de novo á OMEGa ao vivo, dirixida polas ideas propostas e traballadas por diferentes músicos da Orquestra nestes últimos tempos, como una pequena mostra do enorme potencial e a riqueza que atesoura un proceso colectivo de descoberta como é a creación sonora espontánea.

Música improvisada baixo conducción xestual sustentada na atención mutua, na incertidume do instante e na confianza plena no presente continuo.

Entrada: 9€.
Dous días: 12€

Moitas grazas pola atención.

Agardamos difusión, reenvío e a vosa presencia física ou virtual calquera dos dous días ou ambos se sodes da casa-causa.

Saúdos vibracionais.

ImaxinaSons 2009 OMEGa conducida por Fred Frith:

http://vimeo.com/33125518

.