Sabíades que a auga non é necesaria para facer un wáter?
Sabíades que un baño de compost é unha alternativa simple, barata e ecolóxica?
Sabíades que no alg-a lab non hai onde facer pipí?
Nunha semán poñemos todo na práctica coa construción dun baño seco no alg-a lab [sábado 3 e domingo 4 de outubro].
Convidámosvos a participar no obradoiro, cos grandísimos expertos César Lema e Ivan Novóa, da Rede de Permacultura Ibérica, ó carón da orientación e información.
Como sabemos que o traballo ó sol (optimismo escocés) cansa, polas tardes temos unhas fantásticas propostas lúdicas:
O sábado:
* Teddy da Cova dos Ratos deleitaranos cun concerto Piano Sorpresa. * Manolo Pipas presentará o seu terceiro poemario, A Milpa e o Paliacate, baseado nas súas amplas e inacabadas aventuras en México, misturando ecoloxía e acción social.
O domingo: * Proxección do documental Volem rien foutre al païs [que traballe Rita] sobre o decrecemento.
Que vos falta? Tedes arte, ideas, natureza, boa compañía e colaboración.
Trae de xantar e as bebidas podes mercalas no Lab.
Adxunto cartel e aquí instrucións sobre o baño seco [moi importante lelas antes de asistir]. http://www.josephjenkins.com/downloads/manual_spanish.pdf
Podedes inscribirvos en info@alg-a.org , chamando ou enviando teus datos nun SMS ao 622 129 500
E por favor, difunde a noticia!
Prácticamente terminado...funcional, ecológico, esteticamente increible!
En los próximos dias publicaré las fotos y la crónica de lo que ha sido la jornada de hoy y la que será mañana domingo 4.
Gracias a todxs los que lo estais haciendo posible...
Moi bo o obradoiro, a xente e todos os momentos vividos nel, esperemos que este operativo o baño seco moi prontiño e poder estar proximamente por ahi probando. Graciñas por todo o esforzo as organizadoras, para que todo saise de maravilla, un abrazo e deica logo.
Unha experiencia preciosa: tanto as relacións interpersoais, o traballo físico, as explicacións científicas, o arte e a tertulia de Darwin e Lamarr e o novo mundo no que escollemos vivir...
Unha aperta enorme e gracias a todxs xs participantes, sen vos imposible.
Só faltan pequenos toques e convídovos a cagar no tipi alg-a.
Bicos
fotos xa dispoñibles aquí:
http://picasaweb.google.es/alga.com...
e aquí:
http://picasaweb.google.es/alga.com...
rebiko