Lugar: Verbum
Data: Sábado 20 de Marzo
Hora: De 10 a 14H e de 16 a 18H
Actuación: 19H
Prezo: de balde!

Podedes inscribirvos enviando un mail a pepichula@hotmail.com

Obradoiro de Sr Pause: Vj e cine en directo

A creación dun personaxe.
O taller consiste en estimular a imaxinación e creatividade a partir do descubrimento dun personaxe suxerido polo propio participante. A partires do xogo teatral, o personaxe- actor crece e reacciona, descubrindo novos rexistros e adquirindo roles diferentes fronte a colectividade coa que interactúa. O xogo da improvisación.

Taller impartido por Pepa Yáñez, actriz, cantante e especialista en música tradicional galega. A súa experiencia ramifícase en campos moi diversos da investigación artística. Participou nos grupos musicais Liñaceira, a Banda Melgacha e a Banda das Crechas, e comeza a indagar no xénero do cabaré galego co grupo Pepa & Davide xunto con Madamme Cell, e en teatro coas compañías Teatro do Aquí, A Factoría, Berro Bambán, Cachuzo e Grupo Chévere. Actualmente interésalle a improvisación teatral e musical, e é por iso que crea propostas de hibridización de estilos ou xéneros teatrais para crear ambientes propicios de comunicación directa e conceptual, de intervención co público. Sírvese das diversas expresións populares dentro da nosa cultura actual para facer de intermediaria coa sociedade á procura de novas respostas performáticas colectivas e dun traballo contemporáneo da voz e do xesto. Clown aparte.

Obradoiro de Sr Pause: Vj e cine en directo

Obradoiro de Sr Pause: Vj e cine en directo

Obradoiro de Pepa Yáñez: A creación dun persoaxe
Enviar comentario
Comentarios
20 de marzo do 2010 13:03

Xa cansei de escribir e cobrar peaxes, creo que voltarei ao pazo, calqueira realidade me sirve, todas son unha burbulla.

Andreia von Hauser