Lugar: Verbum
Data: Sábado 17 de Abril
Hora: De 10 a 14H e de 16 a 18H
Actuación: 19H
Prezo: de balde!

Podedes inscribirvos enviando un mail a srpause@alg-a.org

Obradoiro de Sr Pause: Vj e cine en directo

OBRADOIRO VJ E CINE EN DIRECTO (SR.PAUSE)
Concepto:
Acadar os coñecementos básicos precisos para a creación e manipulación de pezas audiovisuais en tempo real, a través de diferentes técnicas.

Obxetivos:
-A experimentación sobre a narrativa non-lineal a través da creación audiovisual.
-A des-domesticación da nosa percepción visual e sonora a través de novas formas de escoita audiovisual.
-A consecución de habilidades e ferramentas para a composición audiovisual en tempo real.

Método:
-Breve repaso dos antecedentes históricos e as novas formas de creación audiovisual en tempo real: cultura VJ, Live Cinema, Direct Cinema, Documental en tempo real, Cine na web...
-Ferramentas do VJ: traballo co hardware (mesas de misturas, videocámaras, luces) e software (Resolume, Perrogato VJ).
-interrelación entre imaxe e son: dende o beat ata o diálogo asincrónico.
-interrelación entre procedementos dixitais e non dixitais: animación tradicional en tempo real, ilusións pre-cinema, tratado de películas de super8.

Web:
http://srpause.sinsitio.org/

Obradoiro de Sr Pause: Vj e cine en directo

Obradoiro de Sr Pause: Vj e cine en directo

.