Obradoiro de iniciación a SuperCollider, orientado a todas as persoas interesadas na aplicación creativa desta linguaxe informática, sexa cal sexa a disciplina en que traballen, aínda que carezan de coñecementos previos en materia de son ou programación.
SuperCollider é un contorno de programación enfocado ao proceso de audio, síntese e composición algorítmica en tempo real. Ao ser unha linguaxe de programación dinámica, SuperCollider pode ser usado para “live coding”,“performances” en que se escribe, modifica e executa código en directo (”on-the-fly”, ”ao voo”).
O curso será un curso de iniciación: será BÁSICO e terá unha orientación claramente PRÁCTICA.
Do 24 a 25 e de 28 a 30 de novembro de 17.30 a 20.30 horas en NORMAL, Espazo de Intervención Cultural de Riazor, Paseo de Ronda, nº 47, campus de Riazor. A Coruña. Prezos: 35 euros comunidade universitaria/ 55 euros alléos. Solicitado 1 crédito de libre elección. Martrícula: En NORMAL. Máis información: tlf. 981167000. ext. 4502 ou info@istoenormal.org