Obradoiro de internet TV
mércores, 2 de maio do 2007, por isaac-cordal.

FICHA DO OBRADOIRO

Título: InternetTV.
Descripción:Frente ós medios unidireccionais de información, Alg-a propón a creación dun espazo ceibe de programación e distribución de contidos pola web. A realización do curso no entorno Ubuntu de Linux.
Horario: Clases diarias de 4 horas de duración (2+descanso+2). A establecer pola organización. Presentación pública do traballo dos participantes ó último día do taller nun espacio adicado con videoproxector e equipa de son.
Prazas: Adaptable ás necesidades da organización.
Destinatarios: No son necesarios requisitos previos, así que calquera persona interesada no curso será benvida. Persoas interesadas en desenvolver un xeito alternativo de distribución de contidos.

Programa:

1-. Presentación do motivo do obradoiro: internet como ferramenta de distribución libre.

Fundamentos teóricos:

- Web 2.0. Mashup
- Licencias de distribución: Creative Commons
-TV na rede. repaso histórico e actualidade.
-Mediatecas abertas en internet: google video, archive.org, youtube, _ -Daylimotion, Vimeo…
-Mediatecas de referencia: ubuweb.
-Influencia dos novos conceptos de creación e distribución nos canles de información tradicionais.

2-. Explicar o por qué do uso de Linux.

3-. Introducción a Linux. Instalación Linux. Familiarización co entorno Ubuntu.

4-. Introducción ás ferramentas de publicación: Wordpress (WP).
-¿Qué é Wordpress?.
-Outros exemplos: Spip e Joomla.
-Fundamentos de Wordpress.
-Temas en WP: por defecto /edición de temas personalizados.
-Plugins multimedia en WP. Fundamento e instalación.

5-. Manipulación de video: dende o “rec” ata a visualización web.
-Gravación de imaxe: fundamentos básicos teórico-prácticos (fundamentos linguaxe audiovisual).
-Captura de video: formatos de gravación dixital (miniDV, mpeg), formatos de captura. software de captura.
-Fundamentos básicos de edición de video. Software de edición: Cinelerra en Linux.
-Preparación do video para a web: tipos de compresión. Software de compresión.
-Subir un video á web. Protocolo FTP. Software de “upload”. gFTP en Linux.
-Visualización final. Reproductores integrados na web.

6-. Prácticas: documentación audiovisual dun evento.

Enviar comentario .