Obradoiro de pintura dirixido por NELSON VILLALOBOS
mércores, 18 de abril do 2007, por Antía .
categorías: Obradoiros

Dende o departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, chega a convocatoria do obradoiro de pintura e creación, dirixido polo artista Nelson Villalobos, que terá lugar entre o 23 e o 27 de abril en horario de 16.30 a 20.30, na sala perimetral do primeiro andar.
Obradoiro encamiñado a promover unha serie de actividades prácticas que posibilitan ao participante un achegamento á actividade da pintura, e un adestramento en determinadas formas convencionais de representación e na especialidade técnica, exercitando a capacidade de uso de diversos materiais. Este taller aborda a análise de obras de arte tendo en conta os seus compoñentes e valores comunicativos, e intensificando a experiencia artística e creativa para unha mellor comprensión da realidade.
Na páxina do marco atoparás o programa e a solicitude. Ten un custe de 60 euros para estudantes e amigos do MARCO e 90 para o resto.

Enviar comentario
Categorías
Antía