Obradoiro de téxtiles intelixentes LilyPad
mércores, 11 de xuño do 2014, por Alg-a.

Os expertos do mundo téxtil apresentan os téxtiles intelixentes como a vindeira xeración de febras, tecidos e artículos que se producirán grazas ás suas enormes posibilidades e funcionalidades. Poden-se describir como materiais téxtiles que pensan por si mesmos, por exemplo a través da incorporación de dispositivos electrónicos ou de materiais intelixentes. Xa se están a empregar moitos destes tecidos en tipos de roupa avanzados, principalmente para prendas de protección e seguranza, inda que se están abarcando tamén con éxito conceptos de moda, comodidade e innovación; e dun tempo a esta parte no mundo da arte e a expresión artística. Este curso centra-se na ferramenta que permite comunicar calquer compoñente téxtil co ordenador por médio da linguaxe de programación na que se basea o seu análogo, Arduino. Máis info e inscripcións: http://trepia.org/ver%C3%A1n/t%C3%A9xtiles-intelixentes.html.

Enviar comentario
Categorías
Alg-a