Obradoiros Alg-a no Verbum: O vicio de escribir
mércores, 2 de xuño do 2010, por madamme.

O vicio de escribir: Taller de escritura para mozos e adultos

x María Lado

Sábado 5 d Xuño, de 11 á 14.00 e de 16.00 á 19.00.

Ás 20.00, recital-performance de María Lado

1.- Os disparadores: diferentes exercicios e xogos orientados a iniciar a escritura dun texto literario en calquera das súas formas (poema, conto, minirrelato, escea...)

2.- O prosaico é o máis pòético: procesos baseados na experimentación coa imaxe e o ritmo para facer un poema partindo da prosa.

3.- O verso; esas frases que non chegan ao final da liña: exercicios de ritmo e trasmutación de liñas en versos e viceversa.

4.- Escribindo xuntos: xogos de escritura e creación colectiva para achegarse ao teatro.

5.- Unha imaxe en mil palabras: xogos para achegarnos á importancia das imaxes como portadoras de temática.

A dinámica do taller pretende clases nas que se traballe en grupo e individualmente empregando xogos e exercicios lúdicos para achegarnos á creación literaria.

Inscripcións: marialado@gmail.com

Enviar comentario